venres, 6 de febreiro de 2026

QUE É O AMOR? Preguntaches…

 

Non é ancora, nen sede,

é auga clara que acompaña no camiño.
Non pecha portas, nen prende as mans,
mais ben abre fiestras 

a un mesmo sol compartido.


É coma dúas árbores próximas
con cadansúas raíces e medos,
medrando altas, confiadas,
respectando o espazo do vento.


Amar é dicir: vai,
sabendo que o regreso non é obriga

pero se intúe certo.
É celebrar o paso propio do outro
coma quen ve medrar unha estrela veciña.


Non é espello que nubla o rostro,
senón luz que resalta o contorno máis nítido.
Ao teu carón recoñézome enteiro,
non máis pequeno, non dividido.


O amor suma pasos, non os substitúe,
afina a voz sen silenciar a propia.
Dous ríos que avanzan xuntos un treito
sen deixaren de ser auga distinta.


E cando as mans se atopan,
non é para suxeitar,
senón para lembrar
que camiñar xuntos tamén é voar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario