luns, 12 de xaneiro de 2026

DOUS COMA UN

 Cando o mundo enteiro cabe nos teus ollos,

eu quérote.

Cando rimos como quen non teme o tempo,

eu quérote.

Mesmo cando o silenzo senta entre os dous,

tamén te quero.


Querémonos amodo, paseniño,

como quen aprende un novo idioma,

sen dicionario 

errando ás veces

pero acertando sempre na intención.


Por veces achégase o ruído

que non existe.

Por veces a luz se atenúa

para non doer.

E as músicas que nos arrodean

nos fan bailar e achegarnos

ata a fusión única

na que deixamos de ser forma,

somos tempo,

un ir e vir que axusta 

dous corazóns a un só latexo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario