mércores, 19 de novembro de 2025

O QUE SOMOS (ti e máis eu)

 Somos únicos.

Tí e máis eu, na nosa individualidade,

na nosa presenza no mundo,

únicos na nosa pluralidade

e na nosa unidade.


Somos irrepetibles.

Porque non se nos pode clonar,

nin tan siquiera no Ceo poderían,

irrepetibles por sempre,

irrepetibles para sempre.


Somos especiais.

E iso que emana do noso interior

nos fai destacar ante os demais.

E as nosas particularidades

son os nosos poderes.


Somos fermosos.

Tan só precisamos ver con outros ollos

o que nos devolve o espello,

cunha mirada profunda, máis lonxe

do material reflexo.


Somos fortes.

Porque temos presente o camiño

sinalado polas lembranzas 

que dalgún xeito nos moldearon

e que nos trouxeron ate aquí.


Somos marabillosos.

Conscientes en cada momento

do que supoñemos para os demais

e tamén para nós mesmos, 

mellorando dende os nosos adentros.


Somos Amor.

Con maiúsculas, como ten que ser.

En sintonía co corazón adecuado,

perdemos o medo a perdelo 

na confianza de poder entregalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario