O que quero agora é sentir a vida
ata a fin.
Desfrutar incluso da derradeira pinga
que enche o vaso
e rebosa.
E é que, á fin,
somos o que somos:
mortais i efémeros.
Se teño que marchar algún día,
que sexa levando vida
envolta en papel de lembranzas,
segredos de escuma
que acariñen e morran
deixando paz e silenzo.
Fixéchesme regresar
de entre as sombras informes,
trala néboa da evitación,
a sentir o aterciopelado vento
acariñar as intrincadas pólas
de fluido vital que percorren o meu corpo
a cada latexo,
a cada inspiración.
A túa presenza abanea o meu ego.
E quero caer
rendido nos teus brazos
sabendo a quen me ofrezo,
dunha forma clara,
con total coñecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario