Cando estás …
o mundo todo adormece
nun susurro;
o tempo perde a súa esencia
no teu alento,
e o propio ar se detén
nun sonoro suspiro,
entre dous beizos que se buscan
na inmensidade do desexo.
Cando marchas …
o mesmo vento se volve
lamento errante;
as árbores non cantan
as notas que nos adormecen,
e o eco da túa voz sobrevoa
a pel sen apenas tocarme,
a pantasma do teu alento
sobre o meu espido peito.
Quixera ser eu
esa sombra que te acompaña,
a brisa leve
que enreda co teu pelo,
o latexo vivo
dos nosos sentimentos.
Porque só en tí
a miña presenza ten sentido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario