venres, 14 de febreiro de 2025

DESEXO

 Desexo


Os teus beizos son cinza

dun Sol que non morre,

lume eterno que incendia a miña alma.


Sinto a brisa cálida saír deles,

avivar as brasas extintas,

cicatriz dun lóstrego antiguo,

trala néboa do esquecemento.


Escoito nela o eco tenue

dun verso dormido do pasado

achegarse coa esperanza

dunha beira onde repousar,

en vaivén de terciopelo.


Faime pois beira do teu tacto,

debuxa camiños de vida 

no meu peito espido.

Disolve o pó adormecido

polo gravoso tempo
sobre as ruinas e os mitos do silenzo.


Para que amar sexa 

voar sen destino,
bailando entre músicas,

no berce do vento mecidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario