luns, 13 de xaneiro de 2025

CONTIGO SÓ

Gústame verte,

a ti, 

que observas dende a soidade,

lonxe adrede do camiño marcado,

ti que pintas co sentimento,

sen liñas predefinidas,

no lenzo infinito ao teu redor

con liberdade de movementos,

en baile caótico, impredecible,

ondas de mar e vento.  


Compárteme 

o libro de follas brancas,

con toda una vida 

aínda por escribir.


Empapa 

a miña alma

como esa fina chuva 

que suavemente molla

sen case darnos conta.


Envólveme

na melodía dos teus brazos

no sinuoso vaivén

dos murmurios 

nos nosos beizos.


Lévame 

no teu barco veleiro

polo extenso mar 

dos sentimentos.


Verte 

sobre min

as palabras que brillan,

un enxame multicolor 

de bolboretas

para dar luz á alma sombría,

cal salvaxe fervenza

que no peito golpea

derrubando

os muros do aillamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario