martes, 5 de novembro de 2024

SAÍR


Saír,

saír da opacidade,

amosarse, asomarse,

con paso decidido,

case marcial,

coa vista á fronte, erguida,

as pegadas atrás,

a impronta deixada sen contemplacións,

confiando no incerto porvir

que virá,

seguro,

interpoñerse no camiño,

sen coñecer cando,

nen onde,

indeterminado;

pero virá,

porque sempre ven, sempre chega.


Xa chegou,

e xa pasou,

e chegará outra vez,

nunha sucesión case infinita

ata a fin,

o porvir único e inevitable,

un novo comezo.

Saír.

Ningún comentario:

Publicar un comentario