Efémero;
efémero o silenzo,
nas noites de lembranzas,
turbias imaxes na escuridade,
ficcións que xeran inquedanzas.
Efémero o ar
que do corpo entra e sae,
arrítmico e insuficente
baixo a choiva que cae.
Efémera a choiva mesma
que a miña alma rega,
tratando de limpar
o denso pó que a cega.
Efémeras as estelas,
camiños sobre a auga,
cando as dúbidas chegan,
que soa queda a ialma!
Efémera a túa voz,
tan lonxana xa nas lembranzas,
os silenzos soan gravosos
nesta fría pantalla.
Efémeras mensaxes
nas formas das nubes,
no lenzo do Ceo
o teu nome descubren.
Efémeras pegadas
de pés nús na area,
a auga da morte e da vida,
nun suspiro, as penas se leva.
Das pegadas do pasado doroso,
montañas e esfinxes
é o que queda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario