Cando te miro
soño océanos infinitos
de flores,
de bolboretas de cores,
de auga limpa e doce;
sinto o abrazo leve do vento
que me move a bailar
lonxe de toda conciencia,
en consentida entrega
fronte as escuras sombras
a contraluz,
que xurden da bruma
que sempre me arrodea
e que, por esta vez,
bailan comigo, para min,
sinuosas e caóticas,
debuxando proféticas estelas
no ar infinito.
Cando te miro.
O que daría porque ti
me miraras igual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario