Impermanencia,
dos días e momentos,
dos sorrisos e das bágoas,
da calor e do frío,
da túa efímera presenza.
A inconstante realidade,
esvaece e rexurde
a capricho do destino,
xogando coas emocións,
trocando de disfrace.
E así, frotando apenas
sobre a ondaxe da vida,
loitando resignado
coa esperanza de facer pé
na tamén inestable area.
Así agardo, impaciente,
resignado a esta inestabilidade,
cal libro pechado,
de portada ambigua,
que agacha historias
baixo cadea e candado,
agardando pola curiosidade
daquela fermosa alma
para o que está destinado.
Agardando…
Ningún comentario:
Publicar un comentario