A túa sombra
vai comigo en soños
pola noite,
en ausencias
polo día.
As puntas de frecha
roma,
que non cravan
pero sempre doen,
impiden que me erga
do chan,
na inmobilidade.
Un novo inicio,
dende o xa coñecido,
dende abaixo,
onde a escuridade é raíña
e os ollos devecen
por un simple fío de luz
ao que asir as esperanzas.
Vaise o tempo
entre laios e lamentos.
Minguan as forzas
do xa feble corazón
que atenúa os latexos
na percura do silenzo,
da paz final
que agarda adentro,
coa miña ridícula soidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario