A ventá entreaberta,
o infinito descoñecido
golpea incesante no vidro;
namentres os ollos xuzgan,
cautos e sorprendidos,
dende o subxugante vacío,
dende a “paz” do silenzo
no corazón reprimido.
En desigual batalla se enfrentan
o inevitable sentimento
e a razón polo coñecido;
as sombras axexan,
alimentan o medo,
as lembranzas do vivido,
repetir os mesmos erros,
e morrer de novo
co corazón vencido
na man do ofrecemento,
as lembranzas punzantes
enriba do peito.
Adversidade,
ondas de baleiro
maruxía en aumento
nadando a contracorrente
en caótica sinfonía de sentimentos;
silenzo.
………………………………………
Os brazos tenros arrodean
o corpo aínda tenso;
fin da loita,
choven bágoas liberadas
sobre o húmido caderno.
Abrázame forte,
agora, neste momento,
mentres sintas a miña presenza
nos teus pensamentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario