Non é nada, e aínda así
o é todo.
A rara sensación de neutralidade;
nin triste nin feliz,
tan só estar aí, sen máis;
xogando ao equilibrio
por riba da fina liña
entre o desexo de dicir tanto
e considerar mellor non facelo.
Quizais un día
comprendas o meu silenzo,
a miña ausencia
cando aínda devezo por quedarme.
Un frío golpe de realidade
pon todo no seu sitio;
desculpa por me importares
e tamén por estrañarte;
as preguntas sen resposta,
evidentes vaguedades
abren os ollos da alma
que ao corazón exhorta.
As veces,
tamén os sorrisos agochan
bágoas de impotencia,
segredos ferintes,
muros de pedra.
E seguirei a estrañarte
no medio das miñas verbas
nas que se agocha o teu nome
nun baile onde as tebras.
E sempre é por vergoña
a que ti me coñezas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario