domingo, 14 de abril de 2024

EQUIVOCADO

 E, cando pensaba que era eu

quen de tí me alonxaba;

cando cría que era quen de obviarte,

convencido de facer o correcto;

cando sentía a relativa liberdade

na soidade do autocoñecemento;

finalmente caín na conta

que eras tí quen se alonxaba,

evitándome;

que eras tí quen me obviaba,

co inquedante silenzo

que fai que me sinta preso,

agardando un imposible.




Ningún comentario:

Publicar un comentario