sábado, 2 de marzo de 2024

SIN SENTIDO?

 

Recoñezo que é absurdo

o desexo de chamarte

ou mesmo escribirte

e ficar inmóbil,

ollando

o teu nome na pantalla.


Espertar inquedo,

só para comprobar

se hai un simple “hello”

que me faga sorrir 

e soñar 

que aínda estás aí.


Sentir a calor da túa man

en mans alleas,

as cóxegas nos dedos,

que fan tremer a miña alma

e voar

entre nubes de sentimentos.


Tan absurdo si

que o fermoso tamén doe

por lonxano e imposible.

Mentres agardamos polo outro,

abrigados

na tiranía da soidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario