venres, 2 de febreiro de 2024

POETA

 

Cada ollada é un océano de desexo contido;

cada suspiro, un queixume atrapado no vento,

buscando unha greta no muro do destino,

onde só atopa o seu corazón preso do imposible.


Cada palabra, un berro perdido en densa néboa,

cada verso, un chamado de auxilio ao Universo;

mais a soidade do poeta é o seu destino eterno,

un vínculo intrincado coa esencia do seu ser.


Nos seus ollos,  o mundo que tan só el coñece,

os seus pensamentos berran alto en cada verso,

e a  soidade, musa e verdugo,

convértese en fiel compañeira poética.


Así, na quietude, o poeta atopa a súa voz,

e na súa soidade, descobre universos infindos,

 mergullándose no fondo do seu propio ser,

para agasallar ao mundo con pingas da súa vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario