domingo, 28 de xaneiro de 2024

NON TEMAS

 

Onde o vento acariña os oídos suavemente 

e as sombras danzan ao meu redor,

eu te vexo, agochada en cada ollar, 

na noite de murmurios e de estrelas.


Coma o río busca un mar calmo,

cada xesto, cada tenra aperta 

texe un lazo que o tempo non pode borrar

no mar dos versos rasgados nas tebras.


E ti, temes ao poeta sin razón 

por agachar os seus pensamentos

nas verbas dos seus versos;

esos que conmoven o teu corazón.

Nos que as palabras arrevoan

coma murmurios doces e delicados,

sobrevoando páxinas de cadernos

onde se mesturan as emocións.


Unha alma sen descanso,

con dedos suxos de tinta

que emana do sentimento, 

de viva voz non sinte,

transmite pola delicada pluma

os anhelos que garda dentro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario