Tan perto do Ceo
sentín a vertixe
da inseguridade,
do vacío absoluto;
o bloqueo firme
e totalitario
oprimindo o corpo
e os sentimentos.
Os nítidos soños
de bolboretas de cores
agora pintan
a degradada cor
da escuridade,
da frialdade que deixan
as evasivas, as negativas;
culpa miña ao final,
dos meus desexos egoístas,
as miñas altas expectativas.
Non pensaba máis que en min,
cando pensaba en tí,
pero eu non o sabía.
Agora o vento zoa forte,
abanéame incesante
removendo o meu enraizamento,
deixando caer follas secas
da miña vida pasada.
E no medio estás ti,
que te deixei secar
pola miña covardía,
polo meu medo infantil
a enfrentarme á realidade.
O inevitable,
adeus fermosa folla florecente,
o adeus doe moito
mais peor é suxeitarte
e non terte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario