Dende fóra non é o mesmo,
minte o sorriso finxido,
os estados de wasap
amosan verdades a medias;
o que ensinou a pandemia,
a soidade agachada
na carauta do disimulo.
Mais os ollos
non minten endexamáis;
fíxate ben, meu Anxo calado;
a miña alma devece
polas tenras ás brancas
que unha vez amosaches
acendendo as pupilas hoxe extintas.
Dende fóra non me vexo,
síntome escravo deste corpo tirano
que doe e morre día a dia,
que encadea a alma
ao sufrimento da gravidez
pola vergoña e a incomprensión.
Soño que levita o meu espírito fráxil,
arredor de min mesmo
en erráticas ondas
na liberdade do infinito.
Coma se a morte tivese
a chave das frías cadeas
da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario