O libro sen letra algunha
cheo de mesta néboa;
inestables nubes
de formas informes
e inexactas,
devece pola efémera tinta
da vida
que unha vez riscou
as arrincadas páxinas do pasado,
perdidas pero inesquecibles
na memoria silenciosa
que emerxe aleatoriamente
das augas da fatalidade.
Nin choiva
nin vento
limpan abondo,
liberan a alma errante,
concentran o líquido vital
no vértice mesmo do abismo
cara a ansiada transferencia
e a inmortalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario