mércores, 16 de agosto de 2023

Caracola

 Achégase a noite

paseniñamente,

ás caladas.

Os raios do Sol

se volven preguizosos.

O azul, áxil e audaz

deixa paso ao amarelo,

ao laranxa e ao vermello.


E podo ver ese lume

nos teus ollos claros,

sorteando as siluetas

dos que gozan tamén

do agasallo da Natureza.

E sinto coma se voase

ceibe no baleiro,

na percura do equilibrio,

na fina liña do valor,

onde a violenta vertixe

das obviedades

abre finalmente 

a porta da escuridade.

E alí o delirio,

o barullo interior,

a mestura do sinsentido.


Xa é noite,

morre outro intento,

mañá o Sol traerá

un novo Renacimento.




Ningún comentario:

Publicar un comentario