mércores, 22 de febreiro de 2023

PRESENZA

A presenza lonxana se sinte

e se agradece,

a través da mesma esencia das cousas,

da realidade última da materia,

nunha viaxe de vértixe.


Infinidade de microfragmentos

vagando polo universo próximo,

ao chou;

o libre albedrio da ansiada liberdade.


O baleiro cheo

de formas etéreas,

revoloteando arredor

con ás de bolboreta,

que acariñan as neuronas 

e orixinan ilusións efémeras

neste metro cadrado

de soidade e silenzo.


Un puzzle imposible 

de mensaxes infindas,

ambiguas coma os mesmos pensamentos.


A opacidade 

producida polo temor,

pola incerteza,

agocha o berro confinado,

oprimido pola inseguridade,

e dificulta a descifraxe;

o ruido silencioso

que o difumina todo

Ningún comentario:

Publicar un comentario