Topar cos muros de cadeas bastas,
inamobibles, enferruxadas,
que limitan as perspectivas e os anhelos,
que ensombrecen o ar e as palabras.
Calar para fóra, falar para adentro,
rodeado de soidade,
mollado pola perenne choiva
que emana da adversidade
que me resisto aínda a aceptar.
Empuñar os martelos da psicoloxía
debuxa o camiño de saída,
tan sinxelo de ver
e tan difícil de seguir.
Os golpes vans contra o muro
non conseguen liberar a miña alma,
tamén enferruxada polo tempo.
Vou canso,
sempre estiven aí para todos,
agora me toca estar só para mín,
fundirme no meu egoísmo.
E isto aínda me custa máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario