Vai frío na distancia
dos soños incumplidos,
das expectativas derrotadas,
dos silencios.
A alma se agocha
no disfraz da vergoña,
a covardía que constrúe
un parapeto infranqueable.
A luz que semellaba encher
o vaso da anhelada esperanza
é tan só un lóstrego fortuito
que implementa a escuridade
e enche de sombras informes
os ollos de auga salgada.
A vida que flúe
nunha onda sinuosa
e caprichosa
en dous planos paralelos,
impregnada do veleno
que lle inxectan os sentimentos,
morre en cada un deles
e renace
e morre finalmente
na fin dos tempos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario