mércores, 12 de outubro de 2022

 Amencer

envolto no silencio das palabras,

nos fíos de luz que debuxan

liñas paralelas sobre a cama.


Deitado,

voan os pensamentos,

bolboretas traviesas

me distraen do meu centro,

da paz que persigo

hai xa moito tempo.


Creín que xa a noite pasara,

que a luz que entra polas ventás

reviviría a miña ferida alma;

hecatombe nas expectativas,

agarimos superfluos e distantes 

que se entrelazan e se confunden

en palabras nunha pantalla.


Volve a soidade

a situarme no centro

de mín mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario