Coma un caos difuso
en espiral interminable,
de sentimentos opostos,
dualidade de pensamentos
porque observo
e analizo
quizais excesivamente.
Hoxe quero e mañá …
non sei se quero,
pero quero.
Se as cousas pasan
porque teñen que pasar,
apareciches
coa túa forza e fraxilidade
para me despertar do letargo,
para me situar no mundo,
na propia vida de novo,
no camiño real do descoñecido,
que me ocupa,
cega a mente
e resucita o corazón.
Mais o medo,
coma unha man poderosa
que presiona no peito,
exprime as bágoas da impotencia
pola vertical directa da negación
e me sitúa na realidade
do que sempre fun
e que me fai sufrir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario