Aquí sempre,
no corazón combatente,
no sentimento máis interno,
estás tí, Galiza,
tan pequena
e todo un mundo *,
que me envolve
en cores infinitas,
co agarimo das ondas
do teu mar antiguo,
cos susurros do vento
nas árbores afinadas.
Brillos de diamantes
esvaran polas herbas
verde esmeralda.
Sons ledos que xorden da ialma,
con pandeiro e pandeireta,
chorados polas gaitas.
Bágoas de ouro
caen pola faciana
cando xa o Sol se marcha.
Como podo eu negarte, Galiza,
se en mín estás toda,
no que me alimenta
e no que, de mín, emana.
* Vicente Risco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario