Dende arriba,
procurando a perspectiva,
a obxectividade dos sucesos
dunha vida vivida por error.
Vértixe de emocións contradictorias,
xirando na espiral do hipnótico,
abertas as ventás da alma pura,
ollos perdidos nunha ilusión imposible.
A revelación,
brusca, ferinte, destructora,
enche o vaso da soidade
e da desconfianza
na mesma vida que resta.
E ti me miras
con ollos claros e intrigantes;
e non me sae
a obxectividade.
E se difumina
toda a perspectiva.
Porque dende abaixo
vese todo demasiado grande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario