Na percura do Ceo,
a devagar pola rúa.
Envoltura de aura traslucida
do adn herdado,
dos límites autoimpostos,
dos medos aprendidos.
A mochila cargada,
de choros a escondidas,
de verbas asolagadas.
A tatuaxe das lembranzas,
imborrable,
por veces agarrota os pulsos,
fortemente,
contra o peito baleiro,
sen ar.
E voa a carraxe
ao arredor,
sen poder saír da brumosa capa
circundante,
golpeando unha e outra vez,
no máis profundo
do sentimento;
na mesma alma,
no espíritu eterno.
Onde unha vez xurdiu o Amor
e agora hai bágoas
e inferno.
E agora busca o Ceo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario