A verdade oculta
nas horas eternas,
nos sorrisos finxidos,
nas distancias inabarcables.
Cada excusa forzada
que incita á desconfianza
na credibilidade xa tenue
que sustenta os sentimentos.
Unha flor máis que murcha
endurece as súas espiñas,
rasga ilusións e esperanzas,
alenta o muro da soidade.
E cando a noite chega
e o silenzo berra
a verdade mesma se presenta
con suor, insomnio e vela.
Maio de 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario