Hoxe se fai perenne a noite,
a escuridade oculta a luz
dos sentimentos sinceiros.
***
Unha cortina de inseguridades,
envolta en fino papel de anhelos,
tan fráxil!
***
Un Ceo ao alcance dos meus dedos
sen estiralos por medo a perdelo,
tan preto!
***
A palabra enmudecida na gorxa,
as flores gardadas no peito,
tan adentro!
***
A choiva tralo muro solemne
molla follas cos versos,
tan certos!
***
Hoxe a noite veu para quedar,
a soidade enche o Universo,
cada vez máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario