Sopesei a indiferenza,
unha cortina de fume no profundo da mente.
Pechei os ollos
coa forza da porta que un día bateu
e deixou o interior dividido ao chou.
O mesmo fume rebelde
debuxou o teu rostro sorrinte
coa nitidez da realidade mesma,
afundíndome
máis abaixo, no inframundo dos sentimentos.
Temo pechar os ollos xa
para buscarme dentro;
Que difícil ser indiferente
cando todo está aínda tan fresco.
Sopesarei a indiferenza
para cando atope o silenzo.
Maio de 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario