Síntense en aumento
os latexos do océano
sobre as ondas asimétricas
que remexen no interior
e ocultan o chan firme;
a seguridade de facer pé
e non afogar no descoñecido
xa non está.
A desconfianza.
Treme o trono
que cría ben asentado.
Os pensamentos
veñen, van, traendo
un desequilibrio tirano.
A indecisión covarde
aniquila
calquera oportunidade
de revivir
a experiencia do amor.
Seguín sempre falsos camiños
na miña vida,
perdín o xogo cada vez,
cada partida.
Finalmente terei que morrer
para vivir nos teus ollos;
acostumarme ao presente
da túa presenza
ausente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario